FOTOGRAFÍA E DESEÑO DIXITAL

MÓDULOS RELACIONADOS: TOMA E EDICIÓN DIXITAL DE IMAXE

Fotografía e deseño dixital

Porque unha imaxe vale máis que mil palabras, o control da técnica fotográfica, así como das posibilidades de retoque e manipulación da imaxe dixital, xunto coa creación de gráficos e ilustracións, constitúen unha poderosa ferramenta de comunicación coa que o técnico en vídeo, disc jockey debe dominar.

Os conceptos fundamentais da toma fotográfica dixital - técnicas e parámetros- serán abordados dende un enfoque práctico mediante o emprego de cámaras réflex DSLR, contando ademáis con diversos accesorios: distintas focais ou obxectivos, filtros de cor e ND, etc.

Ademáis, o dominio da luz será un aspecto fundamental a ter en conta á hora de fotografar, polo que se afondará nas técnicas de iluminación artificial mediante o emprego de flash de cámara e flash de estudio.

Doutra banda, as técnicas de revelado RAW, retoque dixital e manipulación creativa da imaxe, ilustración e deseño gráfico e vectorial, así como a organización do fluxo de traballo, serán abordadas con software específico e equipos informáticos de última xeración, permitindo ao alumno un dominio completo de todo o proceso de traballo coa imaxe dixital, dende a súa toma ata o seu retoque final.