TÉCNICO EN VÍDEO, DISC JOCKEY E SON

CICLO MEDIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE IMAXE E SON | CMIMS01| NOIA

QUE SE APRENDE A FACER

A competencia xeral deste título consiste en realizar sesións de animación musical e visual en vivo e en directo, e efectuar a captación, a mestura directa, a gravación e a reprodución de son en calquera tipo de proxectos sonoros.

Que título se obtén

Técnico/a en Vídeo Disc-Jockey e Son

EN QUE ÁMBITOS SE TRABALLA

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade no ámbito do son para producións de cine, vídeo, televisión, multimedia, radio, industria discográfica, espectáculos e instalacións fixas de sonorización, en grandes, medianas e pequenas empresas, públicas ou privadas, en televisións, produtoras de cine e vídeo, emisoras de radio, produtoras discográficas, empresas de dobraxe, empresas de sonorización e produtoras de espectáculos, e en empresas dedicadas á produción de eventos musicais públicos, tales como bares musicais, discotecas, salas de festa, salas de baile, salas de concertos ou festivais, así como en eventos non estritamente musicais, tales como desfiles de moda, presentacións publicitarias ou feiras de mostras, e en grandes, medianas e pequenas empresas, por conta propia ou allea, dedicadas ao tratamento dixital de imaxes.

Que ocupacións se desempeñan

Axudante de son en televisión; microfonista de cine e vídeo; microfonista de concertos musicais; microfonista de espectáculos escénicos; axudante de montaxe de son en cine; disc-jockey; vídeo-jockey; vídeo disc-jockey; light-jockey; retocador fotográfico dixital.

A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.

Módulos do ciclo

ONDE SE ATOPA

No IES VIRXE DO MAR de Noia