Captación e mestura de son

MÓDULOS RELACIONADOS: CAPTACIÓN E GRAVACIÓN DE SON

CAPTACIÓN E MESTURA DE SON

O coñecemento dos diferentes tipos de micrófonos, a súa colocación e os diferentes usos aos que se destinan (voz, instrumentos, amplificadores) é o primeiro paso para obter un son limpo e de calidade, algo imprescindible para traballar profesionalmente na mesa de mesturas ou nunha plataforma de edición de son.

Para a aprendizaxe destes contidos, o alumno poderá terá á súa disposición micrófonos dinámicos e de condensador, e unha ampla gama de micrófonos especiais para a captación do son dos instrumentos. Gravadoras dixitais, auriculares, trípodes, filtros e pértegas completan o material destinado a este eido.

Mesturar son tamén é traballo dun bo técnico, que deberá saber como procesar as diferentes fontes para que se escoiten con claridade. Corrección de niveis, ecualización, compresión, portas de ruído, reverberacións, delays e demais efectos serán uns importantes aliados neste proceso.

No ciclo de Video DJ e Son de Noia contamos cunha mesa dixital Yamaha para aprender a realizar estes procedementos, que se completa cun equipo de PA conformado por altofalantes full range e subwoofers. Mesturas auxiliares, manexo de buses e envíos a plataformas de edición dixital son outros dos contidos incluídos neste ámbito.