Captación e edición de vídeo

MÓDULOS RELACIONADOS: TOMA E EDICIÓN DIXITAL DE IMAXE

Captación e edición de vídeo

Identificar as técnicas básicas da planificación, encadre, composición e captura de imaxes en movemento. Recoñecer a arquitectura de códecs dos clips de vídeo e aplicar os principios da edición e montaxe de vídeo coas aplicacións informáticas actuais.

O coñecemento dos elementos principais da linguaxe audiovisual e a súa correcta aplicación en traballos prácticos, constitúen os piaries das competencias adquiridas polo alumnado nos módulos correspondentes a este eido.

Alumnas e alumnos disporán de distintos tipos de cámaras para rexistrar imaxes en movemento, así como aplicacións informáticas actuais para a súa edición e montaxe. Tamén coñeceremos técnicas de animación visual en calquera tipo de espectáculo en vivo.

No Ciclo de Vídeo DJ e Son e Noia, contamos cun pequeno plató para a gravación de vídeo, dispoñendo de teas de cores para empregar como fondo así como o control da iluminación básica para vídeo.